Xustificación.
¿ Por qué?
Estas é unha pregunta que me fai moita xente. Non entenden a pintura, a miña pintura. ¿ Qué é? ¿ Qué quero dicir? ¿ Qué significa? Quizais a miña vocación pedagóxica ou o meu ego, ( ou ambolosdous) lévame a facer este escrito. A cuestión está eiquí, fronte a min, nun papel en branco.
Branco sobre branco, en silencio, esperando a que eu fale.
Pero teño medo, teño medo a facelo mal, a facerme dano. Coido que explicar a miña obra é como coller un coitelo, rajarse de arriba abaixo, e sacar todo aquello que hai dentro, remover as tripas e as visceras, deixar que as removan e que ademais se podan comentar dende o punto de vista funcional, estético, subxetivo, obxetivo ou calquera outro que os demais teñan a ben.
E doloroso, ben ou mal , pero doloroso. ¿ Cal e a cor do meu dolor?

A cotío atopo un porqué , e senón, o busco. Non me podo conformar con un suma e sigue, con un día tras de outro, non quero. Entón aparecen as obras como a materialización desos porqués, como unha forma de facer visible os fantasmas do meu incosciente, do outromundo.

Doe, doe moito, e as veces xa non podo mais... enton pido axuda. Na miña lingua , en toadas-las linguas ¡ Axuda!

E busco unha man tendida , alguèn que me consuele ¡ Quero agarimo!, quero que me collan no colo, quero gritar. Axito as mans intentando chamar a atención. Ninguén me ve. ¿ tedes ollos? ¿estades ahí?
Entón con a máscara posta, confundible entre a xente, saio en tu busca. Entón atopo reixas, reixas roxas, muros e fortalezas as que non podo achegarme. Corro, escapo e volvo a mín, ¡oh! Xa na casa, cos meus santiños.

Deixo estelas, poño milarios marcando o camiño, sinalandome unha via..... Sei que estasme vendo, siguesme. Podo sentir os teus ollos. Podo sentirte eiquí. Podo sentir o teu mundo cheo de historias, tan pechado como o meu, para non lembrar, para non sentir, para que non doa.
Mírame , non te vaias agora podo sentir o teu desacougo.
algo de aire transparente, una atmósfera misteriosa, sensibilizada para lograr que las formas y los personajes tengan sentido, sean y se afirmen hasta lograr uno sólo, una obra.
Se chegaches ata ista liña, lendo este escrito e que en realidade estás interesado no tema, (senon coido que o abandono sería na terceira liña). Entón non o deixes de leer nin de sentir. E non me refiro a este panfleto, senon a leer as obras. Non é doado, xa te avisei, doe, doe moito. Porque enfrentarse a unha obra require un esforzo que non e doado facer, e non estamos acostumados. Require pensar, deixarse levar polos pequenos currunchos da nosa ialma e deixarnos embruxar, envolver por unha imaxe, por unha obra.
E o intre de pechar, de deixar que cicatrice a ferida, de disfrutar (xa a soas, xa que tu non estarás aquí).
Graciñas por acompañarme, estamos no bo camiño

Comentarios

Entradas populares de este blog

E.VÉREZ CV 1991-2007

LUNA-MOON