LUNA-MOON


O soporte rectangular ven sendo remarcado polas formas verticais e rectangulares do fondo azul, no centro o circulo, perfecto, claro… non… brillante ….case saíndo da obra.
O fondo azul o invade todo, aparece por debaixo da forma,pero queda aí, xa que a forza do centro , un punto brillante, marca a composición. Pero está quieto, sen movemento determinando un momento presente, harmónico, sereno, perfecto…..na lúa. Enriba del, gravadas as palabras Luna, Moon, Moon , Luna simetricamente , a modo de espello.
Esta forma circular vese enmarcada por cadrados ( branco e marrón), que semellan ser o real, a terra.

A cor azul do fondo desta obra simboliza, a profundidade, semella ser o real , a terra material e o frio. Pode asociarse coa vida interior, co repouso, e as emoción profundas. É o color do infinito, dos soños, do inmaterial. Mixturado co branco e pureza e co marrón fálanos da terra que andamos a pisar.
A forma circular. O gris e unha cor neutral por encontrarse entre o branco e o negro, e pode utilizarse para deteñer o mal( simbolizado pola cor negra).
Sobre o fondo, a forma circular prateada é o amparo do que camiña cara a espiritualidade. É como un efecto, lúa pola noite, lúa bordada de lúa, que remarca o seu nome (gravado catro veces simetricamente, en dúas linguas).



Luna moon
38x46
T. mixta/tela

Comentarios

Entradas populares de este blog

E.VÉREZ CV 1991-2007